Picture
O reciclaxe inscríbese na estratexia de tratamento de residuos das tres R:

- Reducir: Acción para reducir a producción de obxectos susceptibles de convertirse en resíduos.Se reducimos o problema, haberá que solucionar menos. Os problemas de concienciación habería que solucionalos empezando por esta erre. A redución pode realizarse en 2 niveis: redución do consumo de bens ou de enerxía. De feito, actualmente a produción de enerxía produce numerosos refugallos (refugallos nucleares, dióxido de carbono...). O obxectivo sería:limitar a cantidade de obxectos destinados a un uso único (por exemplo, as embalaxes).Adaptar os aparellos en función das súas necesidades (por exemplo pór lavadoras e lavavajillas cheos e non a media carga).Limitar as perdas: de auga, desconexión de aparellos eléctricos, condución menos agresiva, desconectar transformadores...

- Reutilizar:
acción que permiten o volver a emplear un producto para darlle unha segunda vida, co mesmo uso ou outro diferente. Segunda erre máis importante, igualmente debido a que tamén reduce impacto no medio, indirectamente. Esta baséase en reutilizar un material ou obxecto para darlle unha segunda utilidade. Todos os materiais ou bens poden ter máis dunha vida útil, ben reparándoos para un mesmo uso ou con imaxinación para un uso diferente. Por exemplo; facer lapiceiros coas latas de refrescos, colgantes con chapas para os nenos, axóuxeres...

- Reciclar:
O conxunto de operacións de recollida e tratamento de residuos que permiten reintroducilos nun ciclo de vida. Esta é a erre máis popular debido a que o sistema de consumo actual preferiu usar envases de materiais reciclables (plásticos e bricks, sobre todo), pero non biodegradables. Desta forma xérase emprego no proceso.

A importacia de reciclar é que se reutiliza os nosos refugallos materiais para asi non gastar materia prima, e asi non gastarnos tanto os nosos recursos naturais e asi evitar a contaminacion. Tambien pódese utilizar as cascaras de froitas e verduras como abono para as plantas Estes exemplos podes velos en calquera parte da nosa web, definido e explicados con exemplos e diversas imáxes.

Hai varios exemplos de como seguir o consello das tres R. Por exemplo, na compra:
Sigue estas recomendacións para dar un respiro ao noso planeta: Elixe os productos con menos envoltorios, reduce o uso de productos tóxicos e contaminantes, leva á compra unha bolsa de tea ou o carro, disminue o uso de papel e de aluminio, limita o consumo de productos de usar e tirar, reduce o consumo de enerxía e agua.

As tres R é unha boa fórmula para poder acordarse do pouco que hai que facer para poder ter un mundo mellor no que habitar e mantelo limpo para que a contaminación nin o quentamento global remate con el.

Neste video podedes ver ben explicado as diferentes razóns das tres R e a reciclaxe: