Picture

Colector azul: Para depositar maioritariamente envases de cartón e papel. No colector azul debemos depositar todo tipo de residuos domésticos que estean fabricados con papel e/ou cartón. Por exemplo: Xornais, revistas, propaganda, cartas, caixas de galletas, envoltorios de papel ou cartoncillo (lembra os packs de latas de atún, pementos, botellos, etc), embalaxes voluminosas de cartón, etc. Os envases de tetrabrik (leite, batidos, zume, viño...) están fabricados con aluminio, plástico e papel krafft, por esta razón non poden depositarse nos colectores azuis, senón nos amarelos, para que poidan ser reciclados.
As caixas de cartón deben ser encartadas e depositadas dentro dos colectores azuis, nunca deben abandonarse xunto ao colector ou encima del.




 

Picture
Colector amarelo: Para depositar plásticos e todo tipo de envases de lata ,briks... A coca cola, a cervexa, as botellas plásticas  (introdúcense comprimidas), os botes de lacas e similares, as latas de conservas, os estoxos de maquillaxes, o tubo da pasta de dentes os broceadores e cremas, o tetrabrick de leite e zume, os envases de aluminio cos que traemos a carne e o peixe do súper e as bolsas de plásticos dos supermercados; denomínanse, plásticos de baixa densidade, todos eles aquí, dentro do AMARELO.
Plástico: os envases de plástico non son biodegradables, non son reutilizables e custan moito de reciclar.
Brik: O brik é un envase mixto que se compón de tres materiais diferentes: cartón, plástico polietileno e aluminio. O tetrabrik non é reutilizable.
Aluminio: A industria do aluminio está considerada unha indústria moi contaminante e non é reutilizable.




 

Picture
Colector verde: Para depositar envases de vidro, aquí só se tiran envases de vidros normais e habituais;  exemplos do que si se ten que tirar, soa un pouco parvo, pero case sempre se nos pasa por alto, por tanto, lembra que as botellas de refrescos, de cristal, de cervexa, tanto as brancas como as coloreadas, os botes de conservas e os alimentos embasados en cristal deben ir aquí, no VERDE, iso si, sempre sen a tapa.

 

Picture
Colector gris: Para todo tipo de restos de materiais e de resíduos. No colector gris se feita todo tipo de lixo organica. E que quere dicir lixo organica todos tipos de restos de comida como as cascaras de ovo, cascaras de melón... E directamente vai á planta de reciclaxe.


Antes de separar todos os envases podemos facer diferentes tipos de labores:

- Logo de separar e lavar os distintos envases (botellas, botes, etc.) pódense aproveitar na comunidade, se se establecen centros de provisión ou almacenamento para logo comercializalos a través das diferentes organizacións ou empresas recicladoras.

- Así mesmo, algúns produtos recuperados talles como táboas de madeira, cartóns de ovos e rolos de papel sanitario entre outros, serven para a fabricación de obxectos artesanais.

- A materia orgánica ou restos de alimentos pode utilizarse para a preparación de restauradores do chan ou abono polas súas características e as diferentes sustancias que contén.

- Ademais, separar e amorear os refugallos pode xerar múltiples beneficios económicos, os cales poden servir para o financiamiento de servizos municipais como auga, luz, aseo urbano...