Picture
Reciclaxe: É o proceso mediante o cal os obxectos son novamente utilizados.Como por exemplo o cartón, o vidrio, o papel...
Tamén se podería definir como a obtención de materias primas a partir de desfeitos, introducíndoos de novo na vida cotiá. 

Reciclar é un proceso simple, que nos axuda a resolver algúns dos problemas creados pola nosa propia vida moderna, tamén se pensa que o término reciclar axuda ao acordo global dunha auténtica definición, con todo, atopamos que non temos unha definicion única do que este termino implica,para a maioría da xente reciclar é simplemente colleitar materiais para poder utilizalos despois, pero en realidade a recoleccion é só o comezo da reciclaxe, tamén axudamos a salvar grandes cantidades de recursos naturais que non son renovables.

 A necesidade de reciclar xorde da man do consumismo desenfreado do último século.  Os profundos cambios sociais que produciu a Revolución Industrial afectan directamente ao estilo de vida, sobre todo ao occidental e á forma en que consumimos. Coa incorporación da muller ao mercado laboral e os subseguintes cambios na familia tradicional, xurdiron toda unha variedade de produtos elaborados e deseñados para o consumo individual.

Paquetes, plástico, cartóns, envases desechables, comer, vestirse ou asearse son procesos que xeran cada vez máis quilos de lixo. De acordo a datos do Eurostat, España é un dos países que máis lixo xera, cunha media de 575 quilos por habitante, fronte á media da UE de 524 quilos. Só é superado por Dinamarca, Irlanda, Chipre e Luxemburgo, todos eles con máis de 700 kg por persoa.

Os países que máis tarde se incorporaron á UE e que en moitos casos non alcanzaron os niveis de industrialización medios da UE, como República Checa, Letonia, Polonia, Romanía e Eslovaquia son os que menos lixo xeran, con menos de 400 kg por persoa ao ano. Con todo, a non ser que leven campañas intensivas de educación na reciclaxe, unha adecuada xestión de residuos e cambios culturais que desincentiven o uso de produtos desechables, eses países alcanzarán rapidamente aos seus veciños en niveis de industrialización e de lixo.

Que podemos facer con todo ese Lixo? RECICLAR!

EDUCAR

SEPARAR

REUTILIZAR